sexta-feira, 5 de dezembro de 2008

Futboleuros

3 comentários :

Unknown disse...

Boas Luís es do mellorciño. Na miña casa leva entrando o Faro de Vigo por obra de meu pai dende tempos inmemoriais, periódico co que non simpatizo demasiado, usábao principalmente para coñecer algunhas novas da comarca de Vigo, pero un día apareceu a túa sección de chistes da cal levei unha grata sorpresa, dende aquela non hai día que perda o teu chiste, é do primeiro que vexo no Faro e vou gardando aqueles que mais me gustan.
A verdade e que o principio sorprendeume un pouco un humorista, facendo chistes en galego, e sobre todo con bastante carga social, no Faro non me pegaba moito, pero sendo o periódico que por sorte ou desgracia chega todos os días a miña casa, espero verte longo tempo nel.
O que si me gustaría saber se aparte de no Faro de Vigo tamén colaboras nalgunha outra publicación. Segue así de xenial, facéndonos rir un pouco cada día.

Luis Davila disse...

Gracias Jorge, o primeiro que me comenta no blog!!! jeje
Alégrome de que che gusten as tiras.
Colaboro tamén coa revista galega de humor Retranca que sae todolos meses nos kioscos, e agora neste blog tratarei de ir publicando cousas inéditas e paranoias varias

Bueno rapás, saude!!

Unknown disse...

grande Davila,
concordo con Jorge, do pouquiño que se salva do Faro.
Directo ás miñas marcas...
Graciñas polo teu humor gráfico!