terça-feira, 9 de dezembro de 2008

Galicia, a segunda comunidade con máis folgas

2 comentários :

rosana disse...

A Santa Inquisición ou Inquisición Española foi unha institución benéfica que pretendia devolver o camiño recto da fe cristiana as ouvellas descarriladas, usando métodos contundentes á par de efectivos. Foi creada polos Reis Católicos para quitarse de enriba os Xudeus da Peninsula.


En pleno século XXI parece que en Bueu ainda persiste unha especie de Santa Inqusición, xente tan vil e tirana que sae soamente a drogarse e a pegarlle a todo aquel que está compartindo un bo momento coas suas amizades. Seres que se creen mais valientes e machos ibericos por pegarlle sen motivo algún a xente mais que inofensiva. Esta chusma que arrastra consigo unha chea de denuncias segue campando os seus aires e facendo o que eles creen que é o normal nunha noite de festa o no momento que lles peta. ¿ Por que ai que esperar sempre a que morra alguen para actuar e condenar?¿Por que a Garda Civil e a Policía Local nunca chegan cando se lle avisa?


Veñen as festas do Nadal i este tipo de valientes soen crecerse ainda mais nesas ocasións. Esperemos que a xustiza chegue a tempo, antes de que a xuventude farta xa de tanto mamoneo tome por si a xustiza pola sua man.


Non queremos mortes, e menos de xente inocente.


- Non dou o nome por medo a represalias, pero sei que falo en Nome de todo Bueu.

Luis Davila disse...
Este comentário foi removido pelo autor.