terça-feira, 4 de março de 2014

Peliqueiro


3 comentários :

Anónimo disse...

Ola!
Levo tempo seguíndovos no facebook e coido que facedes un traballo xenial. Só quería coimentarvos que en galego non existe a "vogal a+ o verbo", co que "vaste a fartar" está mal dito na nosa lingua, e o correcto sería "vaste fartar", do mesmo xeito que "vas a correr", "vas a xogar","vas a levar" serían "vas correr", "vas xogar", "vas levar"...Non é por ser purista ou, se cadra xa o sabiades e estou a meter a zoca, mais coido que dende o público debemos facer un bo emprego da lingua!Nada máis!Parabéns polo voso traballo!

Anónimo disse...

.....xa o sabe, ti estas a falar do galego da real academia da lingua e a muller da foto é unha avoa é non sei a tua pero a miña fala asi e eu tamen. é o galego de diario.

Anónimo disse...

Enténdovos aos dous, está claro que as personaxes das viñetas non teñen que falar como se fosen catedráticas, pero as vellas que eu coñezo non din "vas a". De feito, o normal aquí é escoitarlle á xente que fala en "castelán" cousas como "voy hablar" ou "te vas mojar"... E por certo, moito me rio co Bichero!